Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Marcos marca a festa en Noia

    Noia 2013 - San Marcos - cartelDurante tres días a vila de Noia vístese de festas para celebrar o San Marcos

    A vila noiesa prepárase a partir de hoxe para gozar das patronais que este ano traen novidades: Por haber haberá mesmo Feira de Sevilla con traxes de faralaes incluídos, como non! O cabalo ten un apartado destacado na festa, coa feira cabalar que terá lugar o día 25, e en canto ás verbenas, catro serán as orquestras que pasarán pola praza de Noia para celebrar o patrón.

    A orquestra coruñesa LOS SATÉLITES será a primeira en amenizar as festas noiesas, pero non estará soa. ROI CASAL e a súa banda ofrecerán un concerto entre os dous pases da orquestra no primeiro día de festas (25). O venres terá lugar a verbena a cargo da orquestra CAPITOL e o segundo e último concerto a cargo de LA BANDA DEL CAMIÓN. O sábado, último día de verbenas, actuarán as orquestras PASSARELA e COMPOSTELA.

    O domingo funcionarán as atraccións de feira pero xa non haberá máis actos festivos. O recinto feiral está situado no Paseo Marítimo, ao lado do supermercado Mercadona. Tamén hai instaladas tres polbeiras ademais doutras casetas e postos de comida e bebida.

    Noia ofrece dúas festas populares anuais, o patrón, San Marcos, a finais de abril e o San Roque en agosto. A primeira xa está aquí, e para chegar á segunda aínda pasaremos pola Feira Medieval que ten lugar en xullo. Completo é o programa festeiro en Noia, así que a aproveitalo!

    Programa completo das festas de San Marcos en Noia ofrecido por certo.es: http://certo.posterous.com/noia-programa-adiantado-das-festas-de-san-mar#!/

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook