Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Lázaro, de festa gastronómica e patronal

    Santiago de Compostela - Festa da Uña en San Lázaro - cartelCartel de elaboración propia para a Festa da Uña do barrio compostelán de San Lázaro

    O barrio compostelán de San Lázaro celebra, un ano máis, a súa popular Festa da Uña e aproveita para honrar o patrón co que se lle deu nome á barriada. No entorno do estadio, con bo sitio para o aparcamento, as verbenas e o recinto de atraccións de feira, terá lugar durante tres días a popular convocatoria festiva, da man de orquestras e grupos ben coñecidos nas verbenas galegas: o imparable grupo OCÉANO e a orquestra coruñesa ALARMA serán os primeiros en facer festa. Para o segundo día a música da CHARANGA MECÁNICA completará a actuación doutra formación musical composta na súa maioría por membros da mesma familia: a FANIA BLANCO SHOW chega co seu son característico de metais a San Lázaro. E para finalizar, o luns, día propio da Festa da Uña, no que teñen lugar as poxas das uñas e as degustacións nos locais hostaleiros da zona, un fin de festa por todo o alto: chega a PANORAMA co seu Planet Tour 2011. A orquestra caldense volve estar un ano máis na Festa da Uña de San Lázaro para deixar o listón ben alto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook