Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Lázaro celebra un ano máis a súa Festa da Uña

    Santiago de Compostela 2012 - Festa da Uña en San Lázaro - cartel Cartel de elaboración propia para a Festa da Uña do barrio compostelán de San Lázaro

    O barrio compostelán de San Lázaro celebra, un ano máis, a súa popular Festa da Uña e aproveita para honrar o patrón co que se lle deu nome á barriada. No entorno do estadio, con bo sitio para o aparcamento, as verbenas e o recinto de atraccións de feira, terá lugar durante tres días a popular convocatoria festiva, da man de orquestras e grupos ben coñecidos nas verbenas galegas: o imparable grupo GARIBALDI e a orquestra PANAMÁ desde Ferrolterra serán os primeiros en facer festa. Para o segundo día (domingo) contarase coa orquestra PALLADIUM en solitario, e aquí está o recorte en San Lázaro, pois estas últimas temporadas eran dúas as formacións musicais aínda que fose unha charanga para acompañar a orquestra. Para finalizar, o luns, día propio da Festa da Uña, no que teñen lugar as poxas das uñas e as degustacións nos locais hostaleiros da zona, un fin de festa por todo o alto: chega a PANORAMA co seu Magic Tour 2011. La Gira del Sol. A orquestra caldense volve estar un ano máis na Festa da Uña de San Lázaro para deixar o listón ben alto, e a súa actuación empeza a ser xa un clásico no cerre das celebracións, pois xa van varios anos seguidos que cerra en San Lázaro.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook