Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Lázaro celebra a súa tradicional Festa da Uña

    Santiago de Compostela 2013 - Festa da Uña e de San Lázaro - cartel

    Cartel de elaboración propia para a Festa da Uña do barrio compostelán de San Lázaro

    O barrio compostelán de San Lázaro celebra, un ano máis, a súa popular Festa da Uña e aproveita para honrar o patrón co que se lle deu nome á barriada. No entorno do estadio, con bo sitio para o aparcamento, as verbenas e o recinto de atraccións de feira, teñen lugar durante tres días (de sábado a luns) a popular convocatoria festiva, da man de orquestras e grupos ben coñecidos nas verbenas galegas: os grupos TRIUNFO e OCÉANO para a que foi primeira noite de verbena, a orquestra NUEVA GENERACIÓN para a segunda xornada festiva. Para finalizar, o luns, día propio da Festa da Uña, no que teñen lugar as poxas das uñas e as degustacións nos locais hostaleiros da zona, un fin de festa por todo o alto: chega a PANORAMA co seu espectáculo Remember Tour 2013. A xira do 25 aniversario no que sera a súa cuarta actuación da temporada despois de pasar por Amio (Santiago de Compostela), Escarabote (Boiro) e Nogueiró (Cartelle). A orquestra caldense volve estar un ano máis na Festa da Uña de San Lázaro para deixar o listón ben alto, e a súa actuación empeza a ser xa un clásico no cerre das celebracións, pois xa van varios anos seguidos que cerra en San Lázaro.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook