Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Lázaro celebra a súa popular Festa da Uña

    Santiago de Compostela 2014 - Festa da Uña en San Lázaro - cartel

    O barrio compostelán de San Lázaro celebra, un ano máis, a súa popular Festa da Uña e aproveita para honrar o patrón co que se lle deu nome á barriada. No entorno do estadio, con bo sitio para o aparcamento, as verbenas e o recinto de atraccións de feira, teñen lugar durante tres días (de sábado a luns) a popular convocatoria festiva, da man de orquestras e grupos ben coñecidos nas verbenas galegas: o grupo SAMBA e a orquestra PARÍS DE NOIA para a que foi primeira noite de verbena, o grupo ATENAS para a segunda xornada festiva. Para finalizar, o luns, día propio da Festa da Uña, no que teñen lugar as poxas das uñas e as degustacións nos locais hostaleiros da zona, un fin de festa por todo o alto: chega a PANORAMA co seu espectáculo Espace Tour 2014 no que será unha nova actuación en Galicia despois de pasar por Silleda, Escarabote (Boiro), Nogueiró (Cartelle) ou Caldas de Reis entre outras. A orquestra caldense volve estar un ano máis na Festa da Uña de San Lázaro para deixar o listón ben alto, e a súa actuación empeza a ser xa un clásico no cerre das celebracións, pois xa van varios anos seguidos que cerra en San Lázaro.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook