Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Antón con Olympus en Cee

    Festas de Santo Antón Xallas 2010 (Cee) - cartelPodes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

    En Xallas (Cee) están de festas patronais; é o Santo Antón. E os veciños lograron poder levar a unha das orquestras que máis lles gusta: a OLYMPUS. En Xallas "son da vermella", por iso a formación musical convoca alí a todos os seguidores para a súa big night do mes de xuño.

    Será dentro dunhas horas cando a de Negreira, acompañada pola formación VERDE MENTA, que comezará a festa, ofrecerá o seu novo espectáculo en terras da Costa da Morte; lugares onde OLYMPUS está moi ben considerada e é unha das favoritas.

    Na casa e coa orquestra que queren, que máis poden pedir os veciños de Xallas-Cee? Pois que o tempo acompañe para que sexa unha noite por todo o alto, unha big night.

    Festeir@s - 2010- 00045 - Parada (Ordes)Veciños de Xallas (Cee) e seguidores de Olympus; poderán gozar da súa orquestra esta noite de sábado nas festas patronais da parroquia /© Fotografía roxegar 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook