Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Samba 2014, sempre a máis

    Grupo Samba 2014 - cartel O grupo Samba acaba de abrir temporada e hoxe preséntanos a súa nova imaxe para 2014. O traballo está asinado por "Music Vanog - Publicidad & Marketing del Espectáculo"

    Desde hai uns días o grupo SAMBA está xa de ruta, e levará o seu repertorio por moitos lugares de Galicia. A formación musical liderada por Estela Rodríguez (voz) e Manuel García Lajo (teclados) xa ofrece o seu traballo en salas de festa e discotecas, así como tamén en festas abertas co seu escenario renovado e unha nova montaxe de iluminación.

    Hoxe SAMBA presenta a súa nova imaxe, que vén mantendo a estrutura das anteriores: na parte traseira os catro músicos e en primeiro plano as dúas voces, Estela e Chedy. Se na parte vocal, unha temporada máis, a formación musical estará composta por Chedy de León e Estela Rodríguez, na de músicos, a Manuel acompañarano Joselo, Javi e Pablo.

    O grupo SAMBA caracterízase polo seu repertorio pensado para todos os públicos e adaptable ás festas e situacións. Conscientes de que non todo o público demanda o mesmo repertorio, os amigos de SAMBA saben contentar a todas as franxas de idade e adaptarse ao tipo de público que teñen diante.

    Un ano máis teremos a oportunidade e o pracer de gozar dunha boa festa co grupo SAMBA. Sorpréndennos cada temporada e esta non vai ser menos. SAMBA 2014 xa está aquí, e promete dar moita caña e boa festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook