Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Sada ofrece unhas potentes patronais 2012

    Sada 2012 - Festas patronais - cartel A localidade de Sada celebra tamén as festas patronais estes días cun cambio importante na programación. O cambio afecta ás verbenas, pois non todos os días haberá orquestra. Aínda así contarase coas orquestras TRÉBOL (que abriu as verbenas esta pasada noite), LOS SATÉLITES (para o día 16, despois de actuar o día 15 na localidade próxima de Cambre) e AGUAZUL (cerrando as festas o día 18, xornada da popular sardiñada e os fogos de artificio).

    O día 17, polo tanto, non hai verbena, no seu lugar organizouse unha gala na que actuarán BERTÍN OSBORNE, COTI e GISELA (particpante do desaparecido formato Operación Triunfo).

    As celebracións comezaron coa xa tradicional Festa da Cervexa o día 14 e o programa festivo en Sada compleméntase con diversas actuacións e eventos durante todo o mes de agosto. Para estarao día do programa festivo e cultural de Sada recomendamos visitar a páxina web do concello, que está en constante actualización: www.concellodesada.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook