Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ruth Núñez, nova voz no Planet Tour 2011

    Orquesta París de Noia - 2009 - 001 - CambreRuth Núñez nunha actuación coa orquestra París de Noia / © Fotos: roxegar 2009

    Este mediodía confirmouse a noticia adiantada polos nosos compañeiros de Galicia en Festas. Finalmente será Ruth Núñez a substituta de Lydia Salar na orquestra PANORAMA.

    A carismática cantante ía incorporarse a un trío musical pero finalmente ocupará o lugar de Lydia durante aproximadamente un mes, mes que, como vén sendo habitual, PANORAMA ten completo.

    Ruth é moi coñecida no mundo das orquestras por formar parte de formacións de recoñecido prestixio. A última na que estivo foi LAMAS a temporada pasada, aínda que quizais polo que máis é coñecida será por ter formado parte dunha das orquestras consideradas "competencia" máis directa de PANORAMA, a PARÍS DE NOIA.

    Ruth Núñez incorporarase a PANORAMA o próximo mércores, nas festas de Boiro, onde a orquestra estará acompañada por CHARLESTON BIG BAND que, curiosamente, tamén contou con Ruth nas súas filas durante varias temporadas.

    Orquesta París de Noia - 2009 - 002 - CambreRuth Núñez nunha actuación coa orquestra París de Noia / © Fotos: roxegar 2009

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook