Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rulo Paz, de Charleston a Solara 2013

    Orquesta Charleston Big Band 2011 - 01Raúl Paz, nova voz para a orquestra Solara 2013 / © Foto: roxegar 2011

    É a noticia máis comentada de fichaxes de hoxe nas redes sociais: Rulo Paz, vocalista de CHARLESTON BIG BAND é a nova fichaxe para a orquestra SOLARA en substitución de Miguel Caldas.

    Dunha orquestra de baile a outra non menos bailonga e verbeneira. O que fora vocalista de TEKILA antes de formar parte durante dous anos da CHARLESTON BIG BAND, Raúl Paz, ou Rulo, é a nova fichaxe de SOLARA para 2013. Pouco tardou a orquestra en comunicar a nova incorporación despois de saberse que Miguel Caldas causaba baixa na formación para formar parte de FILADELFIA 2013.

    A enerxía e forza no escenario é a baza máis importante do vocalista; dinamismo e boa voz para un cantante que seguirá a formar parte dunha orquestra 100% bailable e cun repertorio moi verbeneiro e das máis valoradas polo público. Rulo Paz en SOLARA 2013.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook