Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rosalía de Castro na verbena galega

    Charleston Big Band 2007 - orquesta - cartelDesde 2007 no repertorio da orquestra Charleston Big Band non pode faltar o seu famoso 'Merengue Rosalía'

    175 anos son moitos anos, ou poucos se temos en conta que a figura de Rosalía de Castro se mantén viva na nosa cultura e na nosa idiosincrasia e aínda hoxe está plenamente vixente. A poeta do pobo e desde logo unha das principais figuras da cultura galega e da literatura en particular tamén está presente no repertorio das orquestras de Galicia. Porque a súa pegada se mantén viva na memoria popular, hoxe conmemoramos o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e a nosa humilde homenaxe, como non podía ser doutro xeito, é un pequeno compendio de música verbeneira versionando algúns dos seus poemas.

    A terra de Santiago, que a viu nacer, e a comarca padronesa son as principais localizacións na vida de Rosalía, e de Padrón tamén é a orquestra CHARLESTON BIG BAND, que versiona nestes últimos anos un poema da poeta do pobo Adiós ríos, adiós fontes (versión merengue). É quizais a versión máis popular na verbena galega duns versos da nosa poeta.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook