Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Diciembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rixoada e boa música en Golmar

    A Laracha - Golmar 2010 - Festa dos Rixóns - cartel

    Os amigos de Golmar téñennos moi mal acostumados, ou moi ben segundo se mire, a organizar festas para ter moi en conta no calendario festivo. Ás festas patronais e a outra famosa cita na parroquia larachesa, A Gran Esmorga, que concentrou hai meses a centos de persoas, agora hai que lle sumar a Festa dos Rixóns, que xa vai pola edición número 14.

    Para que a climatoloxía que se agarda non sexa un atranco, no campo da festa haberá unha gran carpa con potente calefacción, que só ha de facer falta para as primeiras horas da festa, pois coa rixoada que se ofrecerá e a boa música e espectáculo da grande orquestra ACHÉ non haberá frío que nos impida pasar unha noite inesquecible.

    E por se fose pouco a música de verbena, unha discoteca móbil encargarase de aguantar o persoal no campo da festa ata altas horas da madrugada. A ocasión meréceo; quen teña a oportunidade de achegarse a Golmar que non o dubide. O cartel non defrauda en absoluto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook