Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ribeira rebenta coa Dorna 2011

    Ribeira 2011 - Festa da Dorna - cartelRibeira convértese durante uns días na capital da festa de todo o Barbanza coa celebración da Dorna

    Comeza hoxe unha das celebracións de máis cerne no Barbanza, unha das festas populares de máis sona en todo Arousa Norte: a Dorna de Ribeira. A capital barbanzana xa está preparada para unha edición da súa festa máis famosa, declarada de interese turístico galego e que converte a cidade na capital do desbarre pero tamén da imaxinación.

    O “enjalanamento de fanequeiras”, o “Jran Prix de Carrilanas”, a “Rejata de embarcasións” ou o "Baile de jala" son algúns dos acontecementos recomendables para todo festeiro que se queira achegar a Ribeira para coñecer e gozar desta curiosa celebración.

    O apartado musical tamén é un apoio importante na Dorna. Grupos locais e de fóra estarán presentes nunhas festas que pretenden ser declaradas de interese turístico nacional.

    Lugares como o paseo de Coroso, o Malecón ou as rúas que abranguen desde a Mámoa ata o Concello (baixada de Carrilanas) serán o centro da festa en Ribeira ata o vindeiro día 24. Os ribeirenses e visitantes bótanse á rúa durante estes días para gozar de multitude de actos que só se poden ver nestas festas... Comeza xa a LXII Singladura…

    __________________________________

    Na páxina específica do evento ribeirense www.festadadorna.com, podes consultar o programa e tes toda a información sobre o acontecemento festivo máis importante para os ribeirenses. Ata o 24 de xullo, en Ribeira manda a DORNA.

    "POJRAMA" COMPLETO DA LXIII SINJLADURA (DORNA 2011 - RIBEIRA) ___________________________________

    HIMNO DORNEIRO

    O vintecatro de xullo Chejou a chea a ribeira Enchendo ruas e prazas Sube a marea dorneira

    Bota o risón compañeiro Que a dorna está aparellada E se non cheja cun cabo Fondea coa poutada

    FORSA Á DORNA, VENTO EN POPA CON JALERNA OU EN CALMADA QUE NON SE SABE NO MUNDO DOUTRA FESTA MÁIS RACHADA

    FORSA ÁS PEÑAS DORNEIRAS A MELLOR TRIPULASIÓN ESPARANDO AS PAÑOLETAS (*) AO RITMO DO ACORDEÓN

    Xa neste lanse, dorneiros Comensen as cantareas Imos jana-lo quiñón De troula nas fanequeiras

    E se o mar ponse bravo Larjaremos na mar brava As nosas embarcasións Feitas todas á machada

    FORSA Á DORNA....

    FORSA ÁS PEÑAS DORNEIRAS ...

    (Ata aquí é a letra que interpretan os Diplomáticos e Ancoradoiro)

    Para que dijan que non somos Bos pescadores de liña Ata tomámolos muxos Cando non sobra sardiña

    Pois os dorneiros nasimos Todos moi espabilados Ata para ser patróns Ó tribunal sobornamos

    FORSA Á DORNA ....

    FORSA ÁS PEÑAS ....

    Ainda con marea podre Non perdemo-la alejria Imonos toma-lo lonche Fasendo jran romería

    E si janamos un peso A xojalo ó chinchimonei Que o campionato mundial Eche de moito renome

    FORSA Á DORNA ...

    FORSA ÁS PEÑAS ...

    Todos postos ó axexo Moito despois da lusada Imos bourea-lo secreto Por tódalas beiradas

    ¡que a dorna é a festa, De todas a máis sonada! ¡alí onde hai un dorneiro Hai esmorja asejurada!

    FORSA Á DORNA ....

    FORSA ÁS PEÑAS DORNEIRAS ....

    (*) Cada ves que se canta ese verso xíranse as pañoletas polo aire

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook