Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ribeira rebenta coa Dorna 2010

    D4

    Cartel promocional da Dorna 2010, en Ribeira, festa galega de interese turístico

    Comeza hoxe unha das celebracións de máis cerne no Barbanza, unha das festas populares de máis sona en todo Arousa Norte: a Dorna de Ribeira. A capital barbanzana xa está preparada para unha edición da súa festa máis famosa, declarada de interese turístico galego e que converte a cidade na capital do desbarre pero tamén da imaxinación.

    O “enjalanamento de fanequeiras” o primeiro día, o “Jran Prix de Carrilanas” o domingo ou o “Rejata de embarcasións” o día propio da Dorna (sábado 24) son algúns dos acontecementos recomendables para todo festeiro que se queira achegar a Ribeira para coñecer e gozar desta curiosa celebración.

    O apartado musical tamén é un apoio importante na Dorna. Grupos locais e de fóra estarán presentes nunhas festas que pretenden ser declaradas de interese turístico nacional.

    E por se non abondasen os actos da Dorna ou alguén quixese gozar doutro tipo de festas máis ao uso, en Aguiño haberá verbenas ata o domingo; de feito, despois das carrilanas da tarde domingueira en Ribeira, esa noite cerra as festas en Aguiño a orquestra OLYMPUS.

    Festa a Festa desprazarase algún día para estar presentes nestas festas e prometemos fotos do evento. Comeza xa a LXII Singladura...

    __________________________________

    Na páxina específica do evento ribeirense www.festadadorna.com, podes consultar o programa e tes toda a información sobre o acontecemento festivo máis importante para os ribeirenses. Ata o 24 (festivo local), en Ribeira manda a DORNA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook