Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rianxo prepárase para a Guadalupe 2011

    Rianxo 2011 - Noite Folk con Roi Casal - cartelOs rianxeiros prepáranse para acoller de novo as súas festas máis famosas, en Rianxo e podemos dicir que en Galicia enteira. A Guadalupe é unha das convocatorias festivas de máis renome en toda a comunidade galega. E para prepararse nada mellor que ir de festa e de concertos. Algunhas actividades musicais como un concerto de Jazz na noite do sábado ou a esperada actuación dentro dunhas horas na praza Castelao de ROI CASAL e a súa banda darán a Rianxo un ambiente de festa antes de entrar a vindeira fin de semana nas festas da Rianxeira. O concerto está promovido pola Consellería de Cultura dentro dun circuíto cultural.

    Ás 22.30 do venres ROI CASAL fará acto de presenza para darnos unha noite de boa música da terra, pero a cousa non acaba aquí, o concerto de jazz do sábado é unha das dúas propostas festeiras en terras rianxeiras, porque tamén haberá unha festa COJU (Comisión Juadalupeñas) para recrear en só un día o que será a semana da Moreniña.

    Achegamos toda a información por parte da organización. Festa a Festa coa Guadalupe de Rianxo un ano máis.

    ____________________________________________________________________________________

    Queres chegar a punto á Juadalupe 2011?? Pois a COJU vaite axudar!!

    O sábado 3 de setembro, a unha semana das nosas codiciadas festas, recrearemos TODA a Juadalupe por horas e nunha soa noite, A MiniJuadalupe, para que chegues en condicións á semana máis esperada do ano. 1.Empezaremos por recrear o Venres, ¡¡O Chupitaso!! Para recrear este día faremos un concurso de pregóns animados por Discojuplei. 2.Do venres pasaremos ó sábado, O Rianxo Rock!! Nesta hora deixaremos que os rianxeiros demostren as súas dotes como Rockeiros, co playback rock. 3.O domingo, O Gran Día!! Celebraremos nesta hora a procesión da virxe de Coju, e tamén unha misa solemne oficiada polo Papa Cojusé I de todas las Fiestas. 4.O luns, o día das Juadalupeñas!! Nesta hora recrearemos ,con todos vós, os xogos das peñas e contaremos coa colaboración do Grupo Ventilador. 5.Martes, ¡¡¡¡Día de Padrón!! Celebraremos, nesta ocasión, a ofrenda floral a Rausalía de Castro e degustaremos os deliciosos pementos de Padrón, uns pican... e outros... non. 6.Mércores, O Gran Feirón Mariñeiro!! Nesta hora, contaremos coa tradicional ambientación mariñeira e con viño e mocho moi barato e a morrer!! 7.O jueves, ¡¡¡o último día!!! Coa gran traca final e co tradicional canto da Rianxeira; A festa rematará cando lle cadre!!!! E TODO ESTO NUNHA SOA NOITE!!! Participa, colabora, bebe, disfruta e ponte a punto, coa axuda da coju!! Esperámosvos a todos, un saúdo!! SÁBADO 3 SETEMBRO CAMPO DE ARRIBA 22.00 H ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ NOVIDADES !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! SE TODO ISTO VOS PARECE POUCO: A CELEBRACIÓN DO DÍA GRANDE TERMINARÁ CUNHA GRAN TIRADA DE FOGOS DE ARTIFICIO (vai en serio) E PARA FACER MÁIS REAL O ÚLTIMO DÍA.... BENGALAS PARA TODOS.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook