Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rianxo: despois da tempestade non vén a calma

    Orquesta París de Noia 2011 - 007 - Abanqueiro (Boiro)París de Noia e Philadelphia, que volve estar na vila por segunda vez esta semana, amenizan esta noite a Festa das Juadalupeñas de Rianxo / © Foto: roxegar 2011

    E volveu arder Rianxo; ás dúas da mañá da pasada noite as bengalas apoderáronse da praza Castelao e os rianxeiros e milleiros de visitantes entoaron, un ano máis, a Rianxeira axudados de tres orquestras, SOLARA, TV NORDÉS e PANORAMA, para facer da última xornada da Moreniña a cita máis importante das festas.

    A pesar de celebrarse a xoves, en contra de todos estes últimos anos nos que a cita era a venres, a praza Castelao quedou, unha vez máis, pequena ante a avalancha de persoas que non quixeron perder o acto mías emotivo das festas de Rianxo. E despois da tempestade (festiva) era momento de que chegase a calma. A sábado, tradicionalmente, en Rianxo era día de descanso merecido, pero desta vez nada máis lonxe da realidade. Estamos ante a I Festa da Mocidade promovida polas peñas Juadalupeñas, e isto significa que en Rianxo volverá haber festa. Non será, iso si, na praza central da vila, senón no porto, e varios DJs acompañarán a dúas das orquestras máis coñecidas da actualidade verbeneira: PHILADELPHIA e PARÍS DE NOIA.

    Hai que deixar claro que a festa é independente da Guadalupe e naceu pola inconformidade dos mozos a que as festas máis grandes de Rianxo sufrisen recorte, aprobado polos veciños mediante unha enquisa. A celebración desmárcase da rematada onte e non se sufraga cos cartos da veciñanza recollidos para as festas que remataron onte.

    Hai toda unha polémica creada en torno a esta festa; detractores e moitos que a apoian. Pero o certo é que hoxe Rianxo volverá vibrar grazas ao traballo de todo un ano dos mozos que quixeron que na vila de Castelao o venres houbese festa.

    Desde Festa a Festa apoiamos a celebración de hoxe en Rianxo e valoramos moitísimo o traballo que hai que facer durante todo o ano para poder montar unha festa deste nivel e con parte dos veciños en contra. Tampouco podemos entender esta polémica desbordada, porque os mozos rianxeiros son o futuro das festas de mañá. Hoxe Rianxo volverá acoller a milleiros de visitantes... boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook