Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Remedios Novos de Lira, primeiro tempo

    Carnota 2014 - Festa dos Remedios Novos en Lira - cartel

    En Carnota, concretamente na parroquia de Lira, andan de festa. Son os Remedios Novos e para iso hai preparadas dúas xornadas de festa e moita música. A primeira das citas é durante todo o día de martes onde haberá música de banda a cargo da Banda Municipal de Negreira e sesión vermú a cargo do grupo caldés SAMBA. Os amigos da popular formación musical amenizarán a verbena da noite onde despregarán todo un repertorio actualizado e para todos os públicos nun escenario que trae novidades tamén na iluminación.

    A festa continuará o sábado a cargo de dúas orquestras: FILADELFIA e PANAMÁ serán as encargadas da proposta festeira para a fin de semana.

    Pero aquí non remata todo, despois dos Remedios Novos chegarán os Remedios Vellos con máis festa por terras de Lira.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook