Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rectificar é de sabios

    orquesta-super-combo-2009-cartel

    O pasado 9 de decembro publicábamos en Festa a Festa unha entrada titulada "Trinta anos de historia que se apagan" para dar conta da desaparición da orquestra SUPER COMBO. Felizmente temos que rectificar a información desa entrada: SUPER COMBO non se desfai, nin moito menos. A formación musical ourensá segue ofrecendo a súa música e esperamos que por moito tempo.

    Desde Festa a Festa quero RECTIFICAR a información e PEDIR DESCULPAS PUBLICAMENTE á orquestra polo mal que se lle puidese causar por esta noticia.

    Pero tamén quero ACLARAR que a noticia da suposta desaparición da orquestra non saíu de Festa a Festa nin se tratou de recoller un rumor. Neste blog non facemos caso de rumores nin disques. A noticia foi tomada do facebook dun dos integrantes da orquestra.

    No mes de novembro Enrique Blanco Congil, compoñente da orquestra SUPER COMBO e membro da familia Congil, na que hai persoas vinculadas á dirección da orquestra, daba a noticia de que a formación musical cerraba as súas portas despois de 30 anos de existencia.

    Desde Festa a Festa, considerando que a fonte era de máxima fiabilidade por vir de onde viña, optei por redactar unha entrada para facerlle unha pequena homenaxe a esa orquestra e outras que xa non están, sen a menor intención de ofender a ninguén, máis ben ao contrario, realzar o traballo dunha serie de músicos e profesionais.

    Por petición dun membro da orquestra, aclaramos que se debeu a un malentendido e publicamos gustosamente a rectificación.

    SUPER COMBO continúa a súa historia, e agardamos que polo menos outros trinta anos, ou máis...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook