Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Quen queira caldo quente, que vaia a Mourente!

    Pontevedra 2013 - Festa do Caldo Galego de Mourente - cartel

    Este ano a parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra, ofrece a XXII Edición da Festa do Caldo Galego, organizada pola Asociación de Veciños do Castro. Para a celebración do evento instalaranse, como vén sendo habitual, dúas grandes carpas con mesas e cadeiras para dar cabida a todos os asistentes en caso de mal tempo.

    En canto ao apartado gastronómico, a carne de porco será acompañada con tenreira, chourizos, patacas e grelos. Servirase nunha cazola serigrafiada, todo isto polo módico prezo de 2 € a cunca e 4 € a cazoliña, que os asistentes poderán levar como recordo.

    A edición deste ano contará coa actuación de varias orquestras como son, o sábado, IMPACTO e SUAVECITO, e o domingo, XACOBEO e o grupo LOS ANTONIS, que xa actuou a pasada edición. Quen queira caldo quente, que vaia a Mourente!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook