Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pucho Boedo: 24 anos sen a súa voz

    pucho-boedo-e-los-tamara

    O día 26 de xaneiro de cada ano que pasa é unha data sinalada no mundo das orquestras porque é o aniversario da morte dun dos grandes coñecidos cantantes da verbena. Hoxe cúmprense 24 anos do pasamento de Pucho Boedo, carismático compoñente de LOS TROVADORES, LOS SATÉLITES e alma mater de LOS TAMARA.

    O recoñecido cantante coruñés naceu en 1928 no lugar da Silva e levou ao éxito máis absoluto temas como A Santiago voy ou Galicia, terra nosa; cancións que seguen formando parte da nosa historia musical. Formou parte das orquestras LOS TROVADORES e LOS SATÉLITES, aínda hoxe plenamente vixentes e consideradas das mellores orquestras tradicionais de verbena. Máis tarde incorporouse a LOS TAMARA, cos que alcanzou os seus maiores éxitos.

    pucho-boedo-y-los-trovadoresPucho Boedo coa orquestra Los Trovadores / Fotografía: Foto Blanco A Coruña

    Con esta banda percorreu medio mundo e actuou en salas tan importantes como a Olympia de París. Pucho é o responsable, tamén, do renacemento da canción en galego con temas que inclúen letras de poemas de Manuel Curros Enríquez ou Rosalía de Castro. Despois de ser durante anos a voz de LOS TAMARA, Pucho Boedo tivo tamén unha etapa de solista, pero xa non co mesmo éxito. Os problemas de saúde dificultaron os seus últimos anos de vida tanto no persoal como no profesional.

    A historia das orquestras LOS TROVADORES e LOS SATÉLITES non pasa por alto a inclusión deste carismático cantante nas súas filas, e por suposto LOS TAMARA non terían sido o que realmente foron da man de Pucho Boedo, porque Pucho foi moito Pucho.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook