Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Proposta gastronómica e verbeneira en Celanova

    Celanova 2013 - Festa dos ovos cocidos - programaOrquestras, trío, concerto e charanga en Celanova, para un completo programa festeiro e gastronómico

    Celanova celebra esta fin de semana a Festa dos Ovos Cocidos onde haberá concurso de pinchos e outras actividades lúdicas. Pero o groso da festa lévao a música: un concerto, verbena con música de dúas orquestras, un trío e unha charanga completan a oferta musical.

    PASSARELA e GRAN ATLANTA serán as orquestras encargadas de amenizar a primeira xornada festeira. O concerto de DAVIDE SALVADO terá lugar o sábado. A música do trío GALICIA e da charanga BCB de Celanova está programada para o domingo, como cerredas celebracións.

    Celanova abre esta fin de semana a súa primeira proposta verbeneira do ano, que culminará a mediados de agosto coas festas patronais.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook