Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Programa variado no Cristo do Porriño

    O Porriño 2011 - Festas do Cristo - cartelCartel das festas do Cristo, O Porriño 2011

    O drástico recorte de cartos para as festas do Cristo do Porriño non significa que, a pesar disto, non se ofreza un programa de calidade e, sobre todo, moi variado en canto a música se refire. Hoxe comezan oficialmente as celebracións máis grandes da localidade pontevedresa coa actuación de LA DÉCADA PRODIGIOSA e a orquestra OLYMPUS. Mañá serán os grupos SAMBA e CICLÓN os encargados da verbena. LA OCA, o grupo de Sanxenxo con Puma Rodríguez e Mónica Laguna de vocalistas, ofrecerá a festa do domingo acompañado pola ORQUESTRA TV NORDÉS. As orquestras PANORAMA e CAPITOL serán as encargadas de amenizar a verbena do luns, cita pouco típica xa que as dúas formacións musicais pertencen a oficinas diferentes e raramente se poden ver na mesma festa.

    E as verbenas continuarán a seguinte fin de semana. O sábado, FESTA DOS CALLOS, terá lugar a actuación das orquestras ATLANTA e JUAN MALLO. A TANGO será a encargada da festa do domingo e do cerre da edición.

    A música de bandas tamén terá un lugar preferente no programa do Cristo 2011. No programa que xuntamos podes consultar todas as actividades e horarios para estes días de festa no Porriño.

    O Porriño 2011 - Festas do Cristo - programa

    [Podes clicar na imaxe para ver a información a maior tamaño]

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook