Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Presentación na zona norte da orquestra Aché

    Orquesta Aché 2010 cartel presentación Xove

    Nova presentación da orquestra Aché 2010; esta vez en Xove, no multiusos o vindeiro sábado pola noite

    A orquestra ACHÉ continúa coas presentacións oficiais; desta volta no multiusos de Xove (Lugo). Despois de facer unha festa similar non hai moitas semanas máis ao sur, os membros de ACHÉ queren dar a coñecer o novo proxecto, que non a nova orquestra, ao público de todas as zonas de Galicia.

    E dicimos que non é unha orquestra nova porque ACHÉ xa veu funcionando durante varias temporadas. Novo é o proxecto, con nova axencia, novos compoñentes e un novo concepto de entender a verbena. Club de amigos, merchandising, revista Acherízate e outras moitas novidades que se nos irán presentando ao longo da temporada son só algunhas das sorpresas preparadas para a nova temporada 2010.

    A entrada ao multiusos de Xove é gratuíta para os fans con carné. Entre outras actividades típicas como será a presentación de temas novos e dos compoñentes que chegan este ano á orquestra, haberá sinatura de postais e de carteis da nova xira Celebra la vida cos membros de ACHÉ, sorteo de regalos, pegatinas, etc...

    Desde a orquestra prometen unha noite entretida e sobre todo divertida. ACHÉ chega este sábado a Xove disposta a montar a festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook