Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Presentación en campo de festa

    Panorama 2014 - Presentación O Burgo - cartelA popular orquestra Panorama comeza hoxe temporada nos campos de festa actuando no Burgo (Culleredo) e mañá en Nogueiró (Cartelle) acompañada doutras formacións musicais

    A orquestra PANORAMA presentaba o pasado sábado no recinto feiral de Silleda a súa nova xira SPACE TOUR 2014, pero será hoxe cando de forma oficial comece a temporada, e farao ademais en campo de festa igual que mañá en terras ourensás.

    O campo da festa do Burgo, en Culleredo, a escasos quilómetros da Coruña e onde a orquestra ten actuado nas súas festas patronais en tantas ocasións, acolle esta noite a presentación da popular formación musical para esta zona de Galicia. Será a partir das 23.15 horas e estará acompañada, esta vez, por un DJ.

    O campo de festas do Burgo, ao pé do paseo marítimo, vivirá hoxe un día parecido a aqueles de finais de xullo cando se enche de festeiros dispostos a pasar seis días de festas por todo o alto, pero esta vez non haberá atraccións de feira nin luces, a non ser a potente montaxe de iluminación de PANORAMA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook