Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Presentación de orquestras pola porta grande

    Alfa3 - Macrofestival de orquestras 2011 - cartelO vindeiro venres o Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo convértese nun gran campo de festas

    A axencia de espectáculos Alfa3 Producciones organiza un ano máis o seu Macrofestival de orquestras en Lugo, unha cita xa obrigatoria para todo festeiro que se precie. O Pazo de Congresos e Exposicións acolle unha temporada máis o evento verbeneiro que traerá a actuación de cinco orquestras.

    Con entrada gratuíta e servizo de bar, o Pazo de Congresos lucense convértese este vindeiro venres nun campo da festa de primeiro nivel. Nada máis e nada menos que cinco formacións musicais para amenizar unha noite de novidades e presentacións.

    Se hai que destacar algunha orquestra de entre as outras, salientamos AGUAZUL, CANADÁ e IPANEMA. As dúas primeiras por seren novidades en 2011. AGUAZUL medra de trío a orquestra, e CANADÁ presentará unha potente xira da man de músicos e cantantes experimentados e que nos lembrarán, por viren case todos dela, a orquestra VERSALLES 2010. CANADÁ promete ofrecernos un repertorio cheo de baile con guiños á música actual para a xente nova e a estilos que na maioría das orquestras están un pouco esquecidos.

    A orquestra IPANEMA chegará unha temporada máis co seu potente espectáculo, tal como nos ten acostumados, e moitas novidades como cada ano. COSTA DORADA e SAUDADE 73 serán as outras formacións musicais que completan o cartel dunha noite espectacular e chea de música e baile. Comeza xa oficialmente a temporada 2011...

    _______________________________________________

    ORDE DE ACTUACIÓN: SAUDADE 73, AGUAZUL, COSTA DORADA, CANADÁ e IPANEMA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook