Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Predicción: achégase Ciclón con máis forza que nunca

    Grupo Ciclón 2012 - Foto dianteiraDianteira completa do grupo Ciclón 2012: Noelia García, Kristie Jiménez (nova), Mero Afonso (novo), Jako Singer (novo), Iván Gámez e Kiko Melio

    O grupo CICLÓN xa está traballando duramente para ofrecernos en breve o seu novo espectáculo. A xira da formación compostelá trae moitas novidades, tal e como adiantabamos a semana pasada en Festa a Festa. E é que o grupo medra en todos os sentidos: a formación pasa a ser de 10 compoñentes no escenario e a calidade vaise notar tamén no repertorio.

    En palabras de Kiko Melio, responsable principal de CICLÓN e teclista (ata esta temporada único): "o grupo pasa a dar unha imaxe máis nova, máis profesional e a ser un grupo máis dinámico" aínda que non se queren perder as características propias que levaron a banda ata onde está. Así CICLÓN seguirá sendo un grupo simpático, divertido pero que xa se vai achegando cada vez máis ás orquestras.

    En palabras de Noelia García, tamén se lle quere dar un aire un pouco máis moderno, característica pola que van tirar tamén outras agrupacións musicais para poder traballar en todo tipo de festas.

    Publicamos hoxe o making off da sesión de fotos previa ao afiche 2012 de CICLÓN, un grupo cada vez máis grande, en todos os sentidos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook