Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Por unha causa benéfica

    Gala contra o cancroA falta de escasos días para que teña lugar un dos eventos musicais máis importantes da verbena galega, a Gala contra o cancro promovida pola orquestra PANORAMA, os administradores das páxinas dedicadas ás orquestras e festas de Galicia decidimos publicar a noticia en común para apoiar a Gala benéfica anual que este ano se celebrará en Vilagarcía de Arousa, a pesar de que a organización do concerto non enviou o cartel nin ningún tipo de información a ningunha das webs dedicadas a promocionar de maneira altruísta as nosas orquestras e festas en Galicia (www.festaafesta.tk; www.galiciaenfestas.info; www.orquestas.tk e www.pasionorquestas.es.tl)

    Grandes artistas

    A lista de invitados, un ano máis, compréndena nomes de recoñecido éxito na música española, algúns dos cales volven a colaborar coa orquestra PANORAMA no seu concerto anual como é o caso de MELOCOS ou CARLOS BAUTE (que xa actuaron en varias ocasións) ou DAVID BISBAL e MERCHE (que veñen por segunda vez a Galicia para colaborar na causa benéfica).

    A estes nomes súmanselle outros como MANU CARRASCO, NATALIA JIMÉNEZ vocalista do grupo LA QUINTA ESTACIÓN e MÓNICA NARANJO; ademais, para complementar a Gala sempre hai algún número de humor ou non estritamente musical, esta vez da man do MAGO ANTÓN e de PABLO MÉNDEZ PERFORMANCES.

    Toda a información

    Para estar informad@ de todas as novidades que se poidan producir en torno á 5ª Gala contra o cancro, podes visitar o evento público no seguinte enlace de Facebook http://www.facebook.com/events/339667026082555/

    Nesta páxina podes acceder a toda a información sobre como comprar as entradas, localización do evento (FEXDEGA, Vilagarcía de Arousa), como aparcar, itinerario de autobuses lanzadeira gratuítos en Vilagarcía de Arousa, patrocinadores, etc…

    Tamén no Facebook oficial da orquestra PANORAMA poñerán todas as novidades que se vaian producindo nas próximas horas, sobre todo tendo en conta as predicións do tempo que apuntan a chuvia para esa noite. Os montadores e técnicos xa están en Vilagarcía preparando o evento, faltan poucas horas…

    www.festaafesta.tk

    www.galiciaenfestas.info

    www.orquestas.tk

    www.pasionorquestas.es.tl

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook