Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pontevedra cerrará o Campionato do Mundo de Duatlón coa orquestra Panorama

    Orquesta Panorama 2014 - 010 - SilledaLito Garrido e Nakary Palumbi na dianteira de Panorama 2014

    Acontecemento deportivo importante en Pontevedra. Chega á cidade do Lérez o Campionato do Mundo de Duatlón na fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño. Xa están abertas as inscricións para o Mundial e comezaron a producirse, tamén, as primeiras reservas de hotel para o evento que prevé a participación de 700 duatletas estranxeiros e 400 galegos e doutras Comunidades de España.

    Como calquera evento importante, o broche final será con música, da man dunha das orquestras de máis sona do momento en Galicia: PANORAMA.

    A formación musical que este ano incorpora novas fichaxes ao seu espectáculo, entre elas, a dianteira feminina formada por Vanesa Sosa, Nakary Palumbi e Naty Méndez, vai confeccionando o calendario da nova temporada na que actuará en diversas Festas da Xuventude, varios eventos e, como non, en moitas das festas patronais e do verán por toda Galicia e Asturias.

    No recinto feiral de Pontevedra tes unha cita o vindeiro 1 de xuño con PANORAMA, festa na que, ademais, se entregarán os premios dunha das probas deportivas máis importantes que acollerá Pontevedra este ano.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook