Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Podes ser o autor da nova imaxe de Jerusalén 2012

    Jerusalén 2010 - orquesta - cartelCartel da temporada 2010 da orquestra Jerusalén

    Hai un par de semanas que a orquestra JERUSALÉN lanzaba esta iniciativa para os seus seguidores: a oportunidade de deseñar o cartel que promocionará a nova temporada da formación musical e máis concretamente o X aniversario da banda. Os compoñentes e a dirección van poñer todo para que esta temporada tan especial sexa todo un éxito e o primeiro paso foi a incorporación de fichaxes de primeira fila que non van pasar desapercibidos.

    Desde a formación musical queren facer partícipes, na medida do posible, aos seguidores, e aquí é onde se enmarca a iniciativa da elaboración do novo afiche; labor nada fácil se temos en conta que os carteis de JERUSALÉN de todos estes anos se caracterizan pola gran calidade e orixinalidade en moitos casos. Aínda así sabemos que a nova imaxe da orquestra manterá o nivel de anos anteriores e ti, se queres, podes ser o seu autor/a.

    Colgamos a información publicada pola dirección da orquestra. Pronto poderemos ver a nova imaxe de JERUSALÉN 2012 e celebrar os 10 anos nos campos de festa.

    "Este año queremos daros la oportunidad de que nos ayudéis con el póster de la Gira Aniversario 2012. Para ello podéis enviarnos por mensaje privado vuestros bocetos o cualquier idea que queráis aportar. El que sea seleccionado además de recibir una gratificación, se llevará a cabo con la firma del autor/a. Esperamos vuestr@s sugerencias ..."

    Jerusalén 2011 - orquesta - cartelCartel da última xira ata o momento da orquestra Jerusalén, De tú a tú. O ano 2012 será o da xira do aniversario

    Jerusalén 2009 - orquesta - cartel Cartel promocional da xira de 2009 da orquestra Jerusalén, Ahora más

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook