Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Poceiro renóvase na Rede

    Orquesta Poceiro 2012 - Captura webA orquestra Poceiro xa ten nova páxina web

    A orquestra POCEIRO é unha das bandas verbeneiras máis vellas de Galicia, pero non por iso anticuada. Como cada formación musical, aproveita Internet para promocionarse e por iso lanza a súa nova páxina web.

    A ritmo de metais e como tema de entrada, a orquestra liderada por unha das voces de máis sona na verbena galega, MIGUEL TORRES, preséntanos unha páxina web moi intuitiva e sinxela de usar, e non por iso incompleta. Nela podemos atopar os apartados típicos deste tipo de sitios web: a historia da mítica orquestra, axenda de actuacións, fotos, vídeos, música e incluso un apartado de merchandising.

    Se es seguidor desta orquestra ou che gusta o estilo das verbenas de sempre esta é a túa páxina: www.orquestapoceiro.com

    O traballo foi realizado pola empresa de publicidade e márketing MUSIC  VANOG  DESIGNS, que nos seguirá a ofrecer este tipo de traballos para grupos e orquestras (entre outros proxectos).

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook