Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Percusionista para orquestra galega

    Cristian Fajardo Pérez - percusionistaO percusionista canario Christian Fajardo quere formar parte dunha orquestra galega en 2012

    Percusionista con grande experiencia busca orquestra para a temporada 2012. O canario Christian Fajardo quere establecerse en Galicia para traballar nunha formación musical da nosa terra. É unha boa opción para aquelas orquestras que están formando os novos cadros de músicos e por experiencia non ha de ser, tendo en conta o currículo do percusionista.

    Christian Fajardo formouse como percusionista nas Palmas de Gran Canaria. Dedicouse durante 11 anos á música latina e foi o fundador da orquestra BANDA JOVEN. Formou tamén parte doutras orquestras de merengue e traballou como percusionista para o cantautor RUBÉN RODRÍGUEZ. Tamén gravou discos coa orquestra BANDA JOVEN en 2003 baixo o título Directo al swing; con TARYN ÁLAMO co título Canto a Rocío e con Rubén Rodríguez en 2009 baixo o título Anuncios por palabras.

    De interesar a oferta deste músico, comunicarse a través do seu facebook Christian Fajardo Percusión ou Christian Fajardo Pérez.

    Para máis información entra en : www.myspace.com/chriswira

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook