Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    París e Olympus abren cinco días de festas no barrio ourensán da Valenzá

    Orquesta París de Noia 2011 - 012 - Abanqueiro (Boiro)A orquestra París de Noia abre esta noite, con Olympus, as festas da Valenzá (Ourense) / © Foto: roxegar 2011

    Por esta orde, PARÍS DE NOIA e OLYMPUS. Así comezarán hoxe as festas na Valenzá (Ourense), barrio ao carón do Carrefour de Barbadás, que separa este concello co da capital provincial. Cinco días de festa quedan por diante para todos os ourensáns que queiran gozar de diveresidade de estilos verbeneiros. Porque aos espectáculos de PARÍS DE NOIA e OLYMPUS esta noite, hai que sumarlle música de DJ a cargo de ZÚÑIGA e DJ BLABGEAR (desde Córdoba) mañá, celebrando o VIII aniversario da Discomóvil Ourense dentro dunha nova edición da Festa da Xuventude onde tamén haberá gogós e strippers. A mesma discoteca móbil estará presente os dous seguintes días, pero acompañada doutras dúas orquestras, na noite do sábado será a música de baile da orquestra PALLADIUM e o domingo o espectáculo de PANORAMA, MAGIC TOUR 2012, La gira del Sol. Para cerrar as celebracións deste ano contarase coa orquestra ARABIA para o día 11, como broche final.

    Música moi variada e grandes repertorios estes días na Valenzá, Ourense. A festa comeza en horas con PARÍS DE NOIA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook