Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    París de Noia cerra a feira de San Isidro en Pol

    Orquesta París de Noia 2011 - Abanqueiro (boiro) 002José Antonio Blas Piñón, cantante e responsable da orquestra París de Noia / © Foto: roxegar 2011

    Xa van doce anos desde que un colectivo de mulleres se puxese mans á obra para sacar adiante esta festa gastronómica na que se servirán hoxe domingo máis de mil racións de cocido.

    Aínda que a feira de San Isidro na carballeira de Mosteiro (POl) comezou onte, hoxe é o día grande coa degustación e a feira de artesanía e bixutería. Tamén haberá pasacalles e, o prato forte do día, á parte do cocido, a actuación da orquestra PARÍS DE NOIA ás 22.00 horas.

    A Feira de San Isidro na carballeira de Mosteiro, no concello lucense de Pol, está organizada por mulleres; ás pertencentes á asociación de Mulleres Rurais Olvido. Elas son as encargadas de elaborar o cocido que hoxe se servirá baixo carpa ao prezo de 12 euros a ración.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook