Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama: un aniversario por todo o alto

    Orquesta Panorama 2013 - Gala 25 Aniversario Chegou o día, todo chega. Despois de traballar duro desde a mañá do pasado luns, o equipo técnico de PANORAMA xa ten todo listo para a celebración da Gala 25 Aniversario esta noite ás 23.00 horas no Coliseum da Coruña. O despregue de medios é inusual nunha formación musical verbeneira e o cartel de artistas invitados, tamén. Nin as sonadas galas contra o cancro que organiza a afamada orquestra lle fan sombra ao evento desta noite.

    Grandes artistas como MÓNICA NARANJO, PASTORA SOLER, BUSTAMANTE, EFECTO PASILLO, JAVIER GURRUCHAGA ou HEREDEIROS DA CRUS acompañarán a PANORAMA no seu 25 aniversario, un cuarto de século no que a orquestra no fixo máis que ascender ata chegar ao lugar que ocupa na actualidade, unha das máis famosas orquestras non só de Galicia, senón tamén das Comunidades limítrofes.

    Toda a información sobre a Gala do 25 Aniversario da Orquestra PANORAMA nos seguintes enlaces de prensa e no Facebook da formación musical. FELIZ ANIVERSARIO!!!

    LA OPINIÓN DE A CORUÑA

    A orquestra Panorama celebra o seu 25 Aniversario

    A orquestra Panorama rodéase de artistas

    LA VOZ DE GALICIA

    A orquestra PANORAMA necesita 7 tráilers para a montaxe da súa Gala do 25 Aniversario

    Chega a gran festa verbeneira

    EL IDEAL GALLEGO

    A orquestra Panorama quere superarse na celebración dos seus 25 anos

    FACEBOOK OFICIAL ORQUESTA PANORAMA

    Facebook oficial orquestra PANORAMA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook