Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama presenta a súa 6ª Gala contra o cancro

    Orquesta Panorama 2013 - VI Gala contra o cancro - cartel (2) A orquestra Panorama presenta, un ano máis, a súa Gala contra o cancro, que vai pola sexta edición

    É sen dúbida un dos eventos máis importantes do ano na verbena galega. A orquestra PANORAMA rodéase de artistas coñecidos e moi populares para levar a cabo unha gala para recadar fondos para a loita contra o cancro.

    Xa de por si a causaabonda para apoiar a cita, un ano máis, pero se a maiores o cartel é atractivo, moito mellor. Algunhas caras como MERCHE, MÓNICA NARANJO, JUAN MAGÁN ou BUSTAMANTE repiten, por non falar de CARLOS BAUTE que, un ano máis, estará apoiando a causa. Outros como Manuel Martínez de MEDINA AZAHARA, EFECTO PASILLO, KALI Y EL DANDEE, D KUBA ou o mítico grupo galego HEREDEIROS DA CRUS apoian a PANORAMA por primeira vez neste evento solidario.

    Día, lugar e hora

    A 6ª Gala contra o cancro chega a Vilagarcía de Arousa por segundo ano consecutivo, despois da primeira, que fora en Cambados e as tres seguintes, en Ordes. Será o día 3 de maio a partir das 23.30 pero as portas de FEXDEGA (lugar onde se levará a cabo) abrirán tres horas antes. O prezo son 5 € por compra adiantada mediante Servinova ou 7 € o mesmo día da gala.

    Só queda esperar que o tempo acompañe. Lembramos que o ano pasado chovera forte na segunda parte da gala, o que non impediu que os asistentes gozasen das actuacións previstas, aínda que con paraugas.

    ACTUALIZACIÓN XOVES 18

    Xa se poden adquirir as entradas a través deservinova.com

    Estas son todas as opcións para poder mercar as entradas:

    - Auditorio de Vilagarcía de Arousa

    - Servinova.com http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/otras-musicas/2355-vi-gala-panorama-contra-el-cancer.html

    - Chamando ao teléfono 902.504.500

    Mercando a través da web as entradas só se poderán imprimir. Mercando por teléfono hai opción de recollelas en oficina ou o mesmo día na taquilla.

    ACTUALIZACIÓN VENRES 19

    O cartel musical de artistas complétase coa incorporación de humoristas: Pepe Suevos e AS CANTAREIRAS DE ARDEBULLO actuarán en Vilagarcía o 3 de maio coa orquestra PANORAMA e o resto de artistas convidados.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook