Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama, París de Noia e Olympus encabezan o resultado provisional do concurso Mellor orquestra de Galicia 2012

    Concurso Mellor orquestra de Galicia 2012 Ata o próximo día 30 de setembro pódese votar na web específica do concurso para escoller a mellor orquestra de Galicia segundo os usuarios das páxinas que nos dedicamos á información verbeneira de maneira altruísta: Pasión Orquestas, Orquestas Santos, Galicia en Festas e esta mesma que estás visitando, Festa a Festa.

    O concurso naceu da man dos nosos compañeiros de Pasión Orquestas e nesta temporada 2012 para darlle maior dimensión se cabe, a páxina amiga decidiu poñer en mans dunha plataforma constituída polos catro sitios máis importantes de información festeira do momento.

    A primeira etapa chega ao ecuador do seu percorrido esta semana, pois ata o día 30 de setembro poderás votar polo teu grupo ou orquestra favoritos para constituír o primeiro Top do concurso no que se incluirán as 100 formacións con máis votos. Despois virán o Top 50, o Top 25 e finalmente o Top 10.

    Ata este momento, PANORAMA (con máis do 30% das votacións), PARÍS DE NOIA e OLYMPUS son as orquestras máis votadas; aínda que polo momento todo pode pasar pois aínda estamos na primeira etapa de votación.

    Para saber máis sobre o concurso podes visitar a páxina: http://www.concursomellororquestra.tk/

    Para estar informado sobre o concurso podes visitar calquera das catro páxinas mencionadas ou a páxina específica do concurso onde poderás seguir as votacións. En Festa a Festa ou calquera das outras tres páxinas ou nos respectivos Facebook non está permitido votar, só se pode emitir un voto por Ip e ordenador en cada unha das etapas do concurso.

    Pronto saberemos cal é a mellor orquestra ou grupo 2012 para os usuarios verbeneiros.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook