Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama e París de Noia: mesmo lugar, mesma hora

    Orquesta Panorama 2014 - 001 - Silleda As orquestras París de Noia e Panorama actúan esta noite de Xoves Santo no porto de Burela como hai xusto un ano. A entrada ao concerto custa 9 €

    Despois do éxito do ano pasado en Burela, dúas das consideradas mellores orquestras de Galicia e, desde logo, as máis mediáticas do momento, PARÍS DE NOIA e PANORAMA, repiten un ano máis no mesmo lugar e á mesma hora.

    As dúas formacións musicais chegan ao porto de Burela como hai xusto un ano, para presentar as súas novidades de 2014: escenarios impresionantes, iluminación láser de última xeración, posta en escena coidadísima, novas montaxes, actualización de repertorios e coreografías, e ampliación de bailaríns e equilibristas, son algunhas das bazas coas que xogarán as dúas orquestras este ano; pois se PANORAMA segue apostando por bailaríns e equilibristas para aderezar o seu espectáculo, incluíndo mesmo un subcampeón de España de break dance, a PARÍS DE NOIA non se queda atrás e inclúe no seu cadro de persoal dous bailaríns profesionais.

    Ademais, as dúas orquestras presentan algunha novidade no elenco de músicos e, sobre todo, nas voces. Se PARÍS DE NOIA conta con Cibrán Insua nas voces masculinas, PANORAMA renova as voces femininas coa incorporación de tres cantantes: Nakary Palumbi, Vanesa Sosa e Natalia Méndez, todos eles de recoñecido prestixio na verbena galega.

    A partir das 22.30 PARÍS DE NOIA e PANORAMA repetirán por segundo ano consecutivo, actuación no porto de Burela. A entrada para a actuación é de 9 €.

    Orquesta París de Noia 2013 - 01 - Boiro

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook