Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama e Alarma abren as festas de Vizoño

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 09 Vizoño celebra un ano máis as súas festas patronais abrindo, de novo, coa orquestra PANORAMA. Non pode haber mellor reclamo que unha boa churrascada acompañada de pementos, pan e viño e o espectáculo da afamada orquestra caldense, MAGIC TOUR 2012, La gira del Sol. Ademais, se a PANORAMA está acompañada por unha boa orquestra de baile, como a coruñesa ALARMA a cita non pode ser máis atractiva. Auguramos unha gran noite, de novo en Vizoño.

    As festas complétanse coa programación de mañá, con vermú e verbena a cargo do grupo BLUESTAR e o domingo, como xa vén sendo habitual, só sesión vermú a cargo dun dúo musical.

    De novo en Vizoño (Abegondo) a noite do venres vai pulverizar cifras de assistencia como xa vén sendo normal nestas últimas edicións. Con ALARMA e PANORAMA a noite está garantida; en escasas horas comeza a festa...

    Orquesta Alarma 2009 0021 Vilaboa © Fotos orquestra Panorama e orquestra Alarma por roxegar. Todos os dereitos reservados

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook