Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama cerrará o San Froilán 2012 en Lugo

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 55Panorama cerrará as festas de San Froilán o día 12 de outubro / © Foto: roxegar 2012

    A falta de escasos quince días para o comezo dunha das festas de máis reigame en Galicia, o San Froilán de Lugo, aínda non se coñecen as orquestras que actuarán na praza Maior entre o 4 e o 12 de outubro, datas nas que se desenvolverán as festas patronais da cidade da muralla. Ou mellor dito, "case ningunha", pois xa se fixo pública a participación da orquestra PANORAMA, que será a encargada de cerrar as festas o día do Pilar. Así, despois de tres anos sen acudir a Lugo, a popular orquestra convértese nunha das formacións máis destacadas no cartel das celebracións máis importantes de Lugo.

    Lugo 2012 - San Froilán - artistas 1O que si trascendeu é o cartel de concertos que se levarán a cabo por esas datas e que se desenvolverán na Horta do Seminario e praza de Santa María principalmente mentres que as orquestras actuarán, como de costume, na praza Maior, aínda que parece que PANORAMA non o fará alí. No apartado de concertos destacan: LEILÍA, SON DE SEU, SINIESTRO TOTAL, SÉS, MALVELA, EMILIO RÚA ou ANDREW LAWRENCE entre outros.

    Lugo 2012 - San Froilán - artistas 2Tamén se coñece a pregoeira desta edición, a luguesa Pilar García Negro, filóloga coñecida polos seus traballos de investigación, publicacións sobre lingua e literatura galega e por ser docente da Universidade da Coruña entre outras facetas.

    A profesora, investigadora e escritora Pilar García Negro será a pregoeira das festas de San Froilán 2012

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook