Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama abre o gran programa festivo de Cea

    Cea 2011 - Festas da Saleta - programaAta o próximo luns pasarán pola localidade de Cea algunhas das consideradas mellores orquestras do momento

    Se falamos de lugares famosos en Galicia, sobre todo por algún produto especial, temos que mencionar a Cea, en Ourense. Se hai pouco a localidade coruñesa de Carral, coñecida polo seu pan, celebraba as súas festas grandes, falando de pan non o é menos a localidade ourensá, e desta volta quedamos alí porque son as festas da Saleta, as máis grandes de Cea e unhas celebracións de referencia para toda a provincia.

    O programa deste ano, lonxe de recortarse por efectos da famosa crise que tanto afectou a moitas festas, pasa dos habituais tres días a cinco, e contén nomes da verbena de primeirísima liña. Así, a orqustra PANORAMA é a primeira en actuar nas festas da Saleta desta edición (xoves). O venres será outra das "grandes", a PARÍS DE NOIA, a encargada da verbena. O sábado será o grupo OCÉANO e a orquestra TANGO, o domingo as formacións COSTA OESTE e SINTONÍA DE VIGO, para rematar o luns coa orquestra OLYMPUS de Negreira.

    O programa musical, como se pode ver, é de primeira categoría e aposta forte por encher o campo da festa en cada unha das cinco xornadas festivas en Cea. Varias charangas e as bandas de música de Muimenta e Ramirás completarán o cartel verbeneiro ata o luns e a festa instalarase na vila durante todos os días de celebración. Desta vez non é pola festa do pan, senón pola patroa, a Virxe da Saleta, pero Cea volverá encher a praza central sen maiores problemas unha vez máis. Boas festas da Saleta!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook