Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Panorama abre esta noite as festas da Barcala e a París cérraas o luns

    Cambre 2011 - Festas da Barcala - cartel

    A Barcala, unha parroquia do concello de Cambre cunha urbanización que leva o mesmo nome. A localidade cambrense sitúase entre O Burgo e o centro de Cambre, a poucos quilómetros da Coruña, e esta fin de semana está de festas patronais.

    Festas gastronómicas e música de orquestra son o máis destacado do programa. En canto a isto último, as orquestras PANORAMA (que abren hoxe as celebracións), os grupos ISLA e CANELA para a xornada do sábado, FANIA BLANCO SHOW (que como vén sendo habitual tocan na casa, o próximo domingo) e a PARÍS DE NOIA para poñer o broche de outro o vindeiro luns. O programa garante unha boa afluencia de xente no campo da festa situado diante das naves comerciais de Eroski Center e Bricoking.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook