Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Palladium toca na casa

    Sanxenxo 2012 - Festas de Vilalonga - cartel

    Durante catro días a localidade de Vilalonga (en Sanxenxo) está a celebrar as súas festas patronais

    FESTAS DE SAN PEDRO 2012 EN VILALONGA (SANXENXO)

    Onte xoves daban comezo as esperadas festas de San Pedro de Vilalonga (Sanxenxo) coa actuación das orquestras MARBELLA e PARÍS DE NOIA. Os festexos levaranse a cabo durante catro días para dar, despois, paso ás festas do Carme.

    Na segunda xornada das de San Pedro pasarán pola praza das festas o grupo LIMÓN e a orquestra PALLADIUM, que tocará na casa un ano máis. COSTA OESTE, co seu novo espectáculo BOXING TOUR 2012 que estrearán esta mesma noite en Mesón do Vento (Ordes), tal como informamos en Festa a Festa, e o grupo CLAXXON coa súa proposta festeira singular e elegante serán as formacións musicais que actuarán a noite do sábado. E para rematar o domingo, o grupo CANELA e a orquestra ATLANTA poñerán o broche final á primeira parte das festas de Vilalonga e as máis importantes, o San Pedro.

    A mediados de mes volverán os acordes festeiros a Vilalonga para celebrar durante dous días unha das festas de máis raigame en Galicia, sobre todo nas localidades mariñeiras: a Virxe do Carme.

    Sanxenxo 2012 - Festas de Vilalonga - programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook