Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Palladium 2012, todo preparado

    Palladium 2012 - orquesta - cartelNova imaxe para a orquestra Palladium de Vilalonga (Sanxenxo)

    Se hai pouco ofrecíamos o making off da sesión de fotos da orquestra PALLADIUM para a elaboración da nova imaxe, hoxe podemos ver xa o resultado final.

    E é que a orquestra de Vilalonga presenta unha imaxe moi elegante para este 2012. Xa nos teñen acostumados a este tipo de imaxes elegantes e moi coidadas (non hai máis que ver o anterior afiche), pero desta volta o resultado é simplemente espectacular, presentando un cartel cunha imaxe minuciosa e moi coidada onde prima o detallismo. En primeira fila podemos ver os cantantes (Richard Blanco, Fátima Pego, Beatriz Loureiro e Fernando Hernández), e detrás deles o cadro de músicos sen variación con respecto a 2011.

    Moitas son as sorpresas que nos depara a nova temporada de PALLADIUM e o cambio de imaxe é só o comezo. Os compoñentes da orquestra acaban de regresar dunhas pequenas vacacións e xa están preparados para afrontar a temporada baixa de 2012 previa ás citas do verán, que os levarán por toda a xeografía galega.

    PALLADIUM 2012 xa está en marcha.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook