Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Palco de estrelas padronés

    Padrón 2011 - Pascua - cartel orquestras pascuillaAqueles que teñan a sorte de sintonizar Radio Valga vanse atopar hoxe cun cambio importante na programación. O espazo Palco de Estrelas, conducido por Daniel Seijas cada xoves, adianta esta semana de maneira excepcional a súa emisión xa que o xoves é festivo e mañá será emitido o partido da final da Copa do Rei.

    Continúa así, o amigo Seijas, o seu programa unha semana máis, e xa van alá trescentas e pico. No Palco de Estrelas de hoxe a festa vai levar un selo inconfundible: a Pascua de Padrón. Para iso estarán o alcalde e mais o tenente de alcalde da localidade rosaliana para falar das celebracións de maís sona en toda a comarca.

    Ademais haberá, coma sempre, música verbeneira, chamadas telefónicas, paroladas cos oíntes e moito máis ata que o corpo aguante...

    Padrón 2011 - Pascua - cartel orquestras grande

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook