Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pacios de Veiga súmase ás festas da xuventude

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 26

    Na Pobra do Brollón, concretamente en Pacios de Veiga, estrean celebración baixo a denominación "Festa da Xuventude". Esta será a primeira convocatoria, que agardemos sexa anual e vaia a máis cada ano.

    Para a celebración contarase co grupo pontevedrés TRIUNFO, coas súas novas propostas festeiras, e coa orquestra PANORAMA, co seu Remember Tour 2013, a xira do 25 aniversario.

    A orquestra caldense afrontará estes días as súas últimas actuacións antes da 6ª Gala contra o cancro, que levará artistas convidados de primeiro nivel e da que xa fomos dando conta en Festa a Festa.

    Toda a sorte do mundo para os veciños de Pacios de Veiga, que afrontan con ilusión esta nova convocatoria festeira nestes tempos complicados para o campo da festa. Con TRIUNFO e PANORAMA o éxito da primeira cita está asegurado.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook