Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pablo Somoza continúa a súa carreira musical fóra de Galicia

    Orquesta Olympus - 2010 - 0090 - Ribeira© Todas as fotografías roxegar 2010 e 2012

    Fóra de Galicia pero cerca. E tendo en conta que a formación para a que vai actúa cada vez máis por terras galegas, Pablo Somoza será todo un revulsivo dentro e fóra das nosas fronteiras, porque o coñecido guitarrista de OLYMPUS pasa a formar parte, tal como informamos en Festa a Festa, do grupo asturiano ASSIA.

    O músico ex CUNTER'S aterrou no escenario de OLYMPUS e non pasou desapercibido, nin moito menos. Somoza ofreceu a súa música tocada e cantada, pois non lle faltan dotes vocais ao que será novo guitarrista e voz en ASSIA en substitución de Viti Gutiérrez que deixa a formación despois de 12 anos. Estas tres temporadas en OLYMPUS foron quizais o trampolín definitivo para o despegue de Pablo Somoza como músico e cantante dada a importante repercusión mediática que ten formar parte da dianteira dunha das orquestras que máis seguidores arrastran por toda Galicia.

    Orquesta Olympus - 2010 - 0008 - Parada (Ordes)E porque para formar parte do grupo máis famoso e prestixioso de Asturias hai que saber tocar e cantar, estamos seguros de que o músico non terá problema ningún en adaptarse á nova banda e ao tipo de repertorio que ofrecen normalmente. Calidades musicais e vocais non lle faltan, como quedou demostrado estas tres temporadas na que en menos dun mes será a súa ex orquestra: OLYMPUS.

    Orquesta Olympus 2012 - 001 - Pablo Somoza

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook