Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Oscar Parente na dianteira de Gran Canaria 2011

    Orquesta Philadelphia 2009 0012 Festa da Luz.JPGO vocalista Óscar Parente, ex Philadelphia 2009, é a fichaxe estrela da orquestra Gran Canaria / © Foto: roxegar 2009

    Hoxe en exclusiva, podemos adiantar que Óscar Parente, vocalista coñecido por actuar coa orquestra PHILADELPHIA e, sobre todo, con LEDICIA ESPECTÁCULO, é a nova fichaxe para a dianteira da orquestra GRAN CANARIA.

    Coñecedores de que Wladi abandonaba a formación, moitos seguidores de GRAN CANARIA preguntaron a Festa a Festa quen ocuparía o seu lugar, e hoxe, a tres semanas da estrea en Galicia, podemos confirmar que Óscar será o novo cantante da formación musical acompañando a David Cazorla.

    Tamén hai algún cambio nos músicos e nas voces femininas. Entra na dianteira da orquestra unha cantante canaria con experiencia, e incluso con algún traballo discográfico editado, para ocupar o lugar de Rosalba (fichaxe de LEDICIA ESPECTÁCULO 2011).

    Está previsto que a orquestra GRAN CANARIA faga a súa primeira actuación de presentación en Galicia o próximo 13 de maio. De seguro que será unha segunda temporada potente e chea de éxito igual que o foi en 2010 a xira de debut.

    Gran Canaria 2011 - orquesta - cartel adianto

    Novidades en Gran Canaria 2011

    Pero haberá máis novidades na orquestra GRAN CANARIA 2011. Á incorporación de Óscar Parente e da nova vocalista hai que lle sumar cambios importantes no repertorio. Así, está previsto que a orquestra realice algún cambio de alcance como a ampliación dos estilos musicais aínda que tendo sempre claro que ofrecerá música moi bailable. O pasodoble e outros estilos musicais terán máis cabida na temporada 2011 pero sen desvirtuar as características propias da orquestra canaria.

    Tamén se incoporan á orquestra dúas bailarinas para enriquecer o espectáculo con coreografías. A formación musical será unha das que maior número de profesionais presentan no escenario e aposta forte por ofrecer máis que a pasada edición.

    En breve a orquestra GRAN CANARIA dá o pistoletazo de saída ao novo tour 2011 por Galicia. Para coñecer máis novidades e estar actualizados coa información da orquestra podes visitar a súa conta de Facebook. O son característico de GRAN CANARIA está a piques de comezar a soar...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook