Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os viquingos volven a Catoira

    Catoira 2012 - Romaría Viquinga - cartelOs viquingos levan máis de medio século "atacando" Catoira

    A localidade pontevedresa de Catoira celebra outro ano máis a súa Romaría Vikinga, que xa vai pola edición número 52, con diversos actos de todo tipo incluída a música de grupos como MÚSCULO, LA LLAVE, THE RAMBLIN'ROSE ou o espectáculo de luz e son dunha discoteca móbil esta noite de sábado. Ademais haberá multitude de actividades que xa comezaron  nos días previos pero que teñen como día central o domingo 5 de agosto.

    Cada primeiro domingo de agosto ten lugar nas Torres de Oeste de Catoira unha recreación do desembarco viquingo e defensa das Torres de Oeste, que se completa con outras moitas actividades e culminaba tradicionalmente con verbena. Desta volta parece que non será así.

    Podes ver toda a información das festas na páxina web do Concello de Catoira.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook