Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os "supertés" collen novos rumbos

    Súper T 2008 - grupo - cartelCartel promocional do grupo Super T en pasadas edicións

    O grupo SUPER T xa é historia. A formación musical despedíase hai escasas datas e convertíase nun dos primeiros nomes de verbena que desaparecerán esta temporada. Esta edición 2011 está sendo especialmente "movida" en canto a fichaxes nas orquestras, desaparición de formacións e tamén nacemento doutras novas. E os xa ex compoñentes do grupo ourensán empezan a aparecer nos cadros de persoal doutras formacións musicais para 2012.

    É o caso do guitarrista Uxío González (que no grupo desempeñaba o seu labor como teclista, principalmente). Uxío pasa a formar parte da orquestra PONTEVEDRA.

    Outro exemplo é o de Diego Grande, multiinstrumentista que pasa a engrosar o novo cartel do novo grupo AMÉRICA, formación que vai sufrir unha fortísima reconversión en 2012. O grupo vigués anunciaba a pasada fin de semana o cerre de etapa da mítica banda composta por seis músicos que levaban xa moitos anos á fronte de AMÉRICA. Salvo dous deles, os outros abandonan a formación, o que implica a chegada doutros músicos procedentes doutras agrupacións musicais. Diego formará parte da nova etapa de AMÉRICA e pasará a engrosar un cadro de músicos de recoñecida experiencia.

    Por desgraza SUPER T non será a única formación que desapareza este ano, pero ante este tipo de noticias só podemos desexarlles aos músicos moita sorte nas súas novas formacións.

    Súper T 2010 - grupo - cartelEste é o último afiche do grupo ourensán Super T (temporada 2010)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook