Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os Rosales celebra a súa sardiñada anual

    A Coruña 2012 - Sardiñada Os Rosales - cartel O barrio coruñés dos Rosales é referencia festiva uns días antes do San Xoán. Alí adiántanse á celebración da noite máis curta do ano para ofrecer unha sardiñada que xa é famosa en toda a cidade e mesmo traspasa os límites do concello, pois a ela chegan xentes doutras partes da área metropolitana, sobre todo Arteixo e Cambre.

    E como xa é habitual, a sardiñada vén acompañada de música, e desta vez "todo queda na casa" pois coruñesa é tamén a orquestra que actuará esta noite: CENIZA.

    Os veciños dos Rosales poden resarcirse hoxe de non ter este ano festas patronais, polo menos os actos festivos que se viñan celebrando nos últimos anos e que traían multitude de actividades lúdicas e festivas, con verbenas incluídas. Polo menos a crise non varreu con todo e, polo menos un día ao ano, o barrio coruñés pode gozar dunha verbena que xa é tradicional nesta zona das máis novas da Coruña.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook